domingo, dezembro 02, 2007

Programación do Curso 2007 - 2008

CURSO 2007 - 2008
ASIGNATURA / CICLO
EDUCACIÓN INFANTIL


A) Obxectivos xerais do curso

Inspirándonos no Deseño Curricular Base; na Visión e Cometido, e no Proxecto Educativo do Centro, marcámonos os seguintes obxectivos:

Na área de Arte
:
Utilizar diferentes técnicas de expresión plástica . Avanzar no desenvolvemento da creatividade. Observar e valorar as obras de distintos artistas e coñecer algo das súas biografias. Apreciar as produccións propias e as dos demáis. Aprender a disfrutar coas realizacións artísticas.

Na área de Língua
:
Expresarse de maneira axustada á mensaxe que se quere emitir. Participar de forma activa nas conversas do grupo respectando as normas da asamblea. Aumentar o vocabulario. Avanzar no coñecemento do sistema de lectura e escritura. Recoñecer algunhas características de distintos tipos de textos.

Na área de Ciencias
:
Ser capaz de formular preguntas, plantexar hipótesis e sacar conclusións acerca dos proxectos realizados. Utilizar nun nivel moi elemental as posibilidades da forma de representación matemática para describir alguns obxectos e situacións, prestando atención aos resultados obtidos, como cuantificación, medición, clasificación, ordenación e correspondencias.

Hábitos, actitudes e socialización:
Adquirir hábitos relacionados coa saúde e o benestar persoal. Construir actitudes positivas en todo o relacionado co ámbito escolar ( material, normas, respeto no trato…) Recoñecer o propio espacio e ser capaz de interacionar co espacio dos demáis. Mostrar un actitude de respecto polas características das outras persoas.


B) Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións


Arte

1ª avaliación:
Biografía e obra de Vang Gogh. Produccións plásticas relacionadas co Outono e o Nadal.

2ª avaliación:
Biografía e obra de Maria Manuela. Produccións plásticas relacionadas co Inverno, o Antroido e o Día da Paz.

3ª avaliación:

Biografía e obra de Anne Gedes. Produccións plásticas relacionadas coa Primavera, o Día das Letras e o Verán.

Técnicas plásticas a traballar: recortado, picado, cosido, modelado, pintura, debuxo e fotografía. Utilización de materiais de refugallo para a creación artística.


Ciencias

1ª avaliación:
Proxectos "O nome da nosa aula" "Os números que nos rodean". Características do Outono e o Nadal.

2ª avaliación:
Proxecto "os números que nos rodean". Carácterísticas do Inverno. Participación nas celebracións do Antroido e o Día da Paz.

3ª avaliación:
Proxectos "Os vermes de seda", "A metamorfose da ra", "Os mosquitos". Características da Primavera e o Verán.

Ao longo das tres avaliacións desenvolveremos tamén miniproxectos en función dos intereses do alumnado, e os seguintes contidos:numeración ordinal e cardinal, resolución de problemas, series.

cuantificadores(todo, nada, poucos, moitos…);nocións temporais (secuenciacións e fraccións convencionais do tempo); formas e figuras xeométricas ( círculo, triángulo, rectángulo, cuadrado).


Língua

1ª avaliación:
Creación e comprensión de textos relacionados cos proxectos, co Outono e o Nadal.

2ª avaliación:
Biografía e obra de Hans Christian Andersen. Elaboración e comprensión de textos relacionados cos proxectos, co Inverno, o Antroido e o Día da Paz.

3ª avaliación:
Biografía e obra de Paula Carballeira. Creación e comprensión de textos relacionados cos proxectos,coa Primavera e o Verán.

Ao longo das tres avaliacións desenvolveremos tamén diferentes tipos de textos (lista, conto, descripcións, pe de foto, titular de prensa, cartel, noticia, nome propio, receita, poesía, adiviña e carta ).


C) Contidos mínimos esixibles


Arte:

Utilización das diferentes técnicas de expresión plástica.


Ciencias:

Recoñecemento e reproducción das grafías numéricas, asociación coa cantidade. Figuras xeométricas básicas, círculo, triángulo, cadrado. Carácterísticas básicas das diferentes estacións do ano e da metereoloxía.


Língua:

Nomes propios da aula. Creación de textos coherentes como mínimo nun nivel de escritura silábica e lectura de ese texto.


Hábitos, actitudes e socialización:

Normas de funcionamento e utilización dos espacios e o material. Hábitos hixiénicos alimentarios básicos (lavado de mans, de dentes, ritmo das merendas). Respeto a sí mesmo e ós demáis.


D) Metodoloxía didáctica

Partindo dun enfonque constructivista, aplícase unha metoloxía baseada na interacción e a reflexión sobre a acción.

A metodoloxía está moi relacionada coa organización espacial que temos nas aulas de educación infantil. A etapa esta organizada no CPI em cinco espazos principais, dúas aulas adicadas á área de Ciencias, dúas dedicadas á área de Língua e unha dedicada á área de Arte. Ademais dispoñemos de un pequeno patio cuberto, outro exterior com areeiro, xogos e horta escolar. Os días de chuvia realizamos o recreo no patio cuberto do centro onde se desenvolven as actividades de Educación Física de Primaria e Secundaria. Neste patio contamos cun pequeno rocho onde gardamos xogos de movimento para estes días.

Diariamente o alumnado realiza as Rutinas e a Asemblea a primeia hora, sempre na mesma aula. Despois, ao longo do día, realiza actividades em dous espazos diferentes. O material prticular de cada titoria se traslada dunha aula a outra cun carriño. O resto é material compartido e específico de cada aula segundo a área á que está adicada.


Aulas de ciencias:

Estas aulas recollen todas as actividades relacionadas con o coñecemento do medio e a linguaxe matemática. Nelas fanse a maioría das actividades relacionadas cos proxectos ou miniproxectos desenvolvidos em cada momento do curso. Están divididas nos seguintes recantos ou espazos:

Construcción: son os espazos onde se desenvolven as asembleas das titorias de 6ºB e 4º de EI a primeira hora da mañá, para pasar nas seguintes sesións a actividades de construcción. Están dotados con material de xogos de construcción ao que o alumnado pode acceder doadamente.

Ordenador: son os espazos onde o alumnado pode acceder a xogos informáticos de caracter didáctico. Están dotados dun equipo informático e vários cds con xogos.

Investigación: o alumnado pode nestes espazos consultar unha biblioteca de textos de caracter divulgativo e cientifico, tanto adaptados ao seu nivel como de caracter xeral. Pode realizar actividades relacionadas cos proxectos educativos que se esten desenvolvendo. Están dotados dunha pequena biblioteca, unha colección de animais plastificados, cinta métrica, lupa e varios teléfonos no caso da aula de Ciencias da titoría de 4º, no caso da aula de Ciencias da titoria de 6ºB, conta, ademais da biblioteca, cun acuario.

Puzzles: están dotados dunha amplia coleccion de puzzles de distinta complexidade. Estes recantos tamén se utilizan para realizar actividades relacionadas cos proxectos educativos ou unidades didácticas desenvolvidas.

Numeración: nestes recantos realizanse actividades relacionadas coa numeración e a lóxica-matematica. Está dotados de xogos de insertar, numeracións de distintos tamaños e formas, dominós, bingos, xogos de cartas e secuencias lóxicas de diferentes temáticas. No caso da aula da titoria de 4º, está colocado xunto á pizarra que se utiliza como unha proposta máis do recanto.


Aula de arte:

Esta aula pasa a acoller todas as actividades relacionadas coas expresións plásticas e o coñecemento da arte en xeral,incluindo biografias de personas destacadas nese ámbito. O traballo desta está orientado ao coñecemento das distintas técnicas de expresión plástica, inspirándose nas obras de artistas estudiados. Nesta aula, por falta de espazo, coinciden duas titorias no mesmo horario.

Está dividida nos seguintes recantos ou espazos:

Biblioteca: é o espazo onde se desenvolve a asamblea da titoria de 5ºA de EI a primeira hora da mañá, para pasar, nas seguintes sesións segundo o curso que lle corresponda por horario, a actividades de lectura e consulta de libros relacionados coas realizacións plásticas en xeral e biografia e obras dos artistas e das artistas estudiadas . Está dotada con tres coleccións de libros sobre manualidades, unha enciclopedia de dez tomos de Historia da Arte e varios libros sobre artistas traballados.

Ordenador: é o espazo onde o alumnado pode acceder a programas informáticos de dibuxo. Conta cunha impresora ppara poder imprimir algúns dos deseños que realizan ao longo dos tres trimestres Está dotado dun ordenador.

Pintura: o alumnado pode neste espazo utilizar ata seis cabaletes para realizar actividades con témperas. Está dotado de rolo de papel continuo con soporte e cortador, seis cabaletes, seis paletas-cubetas, xogos de pinceis,esponxas e rodillos de espuma e témperas das cores básicas.

Debuxo: neste recanto realízanse actividades que teñen como técnica básica o debuxo. Está dotado de rotuladores, ceras duras e brandas e lápices de cores de madeira e siluetas plásticas. Os folios que se utilizan están postos en común co resto dos recantos.
Papel:a tecnica básica que se desenvolve neste recanto é o recortado de papel de distintas texturas e cores para realizar colage. Está dotado de caixas que conteñen distintos tipos de papeis e figuras xeométricas acartonadas. O pegamento e as tesouras localizanse nos carriños das titoras.

Modelado: a técnica do modelado realizase fundamentalmente con plastilina, ainda que tamén se utiliza esporádicamente pasta branca e decoranse as figuras modeladas. Está dotado dun xogo de utensilios de madeira e outro de plástico. Conta con plastilina de varias cores.

Refugallo: este recanto conta com distinto material (alimentos e flores secas, caixas, plásticos...) cos que o alumnado realiza creación libre,escultura, collage ou actividades de reciclaxe de papel.


Aulas de Língua:

Estas aulas pasan a acoller as actividades máis relacionadas coa expresión oral e escrita. Quedan divididas nos seguintes espazos:

Biblioteca: son os espazos onde se desenvolve a asamblea das titorias de 5ºB e 6ºA de EI a primeira hora da manhá, para pasar nas seguintes sesións, a ser utilizada polo grupo que lle corresponda por horario, para actividades de lectura colectiva ou individual. Está dotada con biblioteca con textos de formato conto. No caso da aula da titoria de 5ºB, tamén conta cunha alfombra-puzzle de letras.

Ordenador: son os espazos onde o alumnado pode realiza actividades escritas utilizando un procesador de textos. Tamén pode acceder a xogos informáticos de caracter didáctico. Están dotados dun equipo informático e vários cds con xogos. No caso da aula da titoria de 5ºB, tamén conta con impresora.

Letras: nestes espazos realízanse actividades de escritura e lectura relacionados coas unidades didácticas e os proxectos. Están ubicados ao pé da pizarra das aulas polo que é unha opción máis dentro do recanto. Está dotado de distintas coleccións de letras plastificadas ou en papel. Os lápices, bolígrafos, rotuladores e pinturas están se transportan nos carriños de titoria. Outras pinturas e folios están en lugar común.

Puzzles: están dotados dunha coleccion de puzzles e xogos de distinta complexidade relacionados coa escritura, lectura e o mundo dos contos. Neste recanto realízanse actividades relacionadas cos proxectos e unidades didácticas.

Prensa: este recanto está dotado de revistas, folletos e xornais que se utilizan para realizar actividades de lecto-escritura coa prensa e outros formatos editados. Só se encontra na aula da titoria de 5ºB.

Xogo simbólico: nestes recantos realízanse actividades de xogo libre. Están dotados con material que imita certos ambientes da vida real que se varían por trimestre ( cociña, consulta médica,supermercado).

O horario marca em cada momento que espazo está utilizando cada titoria. Hai unhas normas básicas de utilización e recollida de recantos e material.


E) Procedementos de avaliación

A avaliación é contínua e realízase a través dos seguintes procedementos:
  • -observación directa.

  • -interacción oral.

  • -análise das producións.
Nas titorias elabóranse os correspondentes rexistros de avaliación.


F) Actividades de recuperación e reforzo para alumnos/as coa materia ou módulo pendente

As actividades de recuperación e reforzo, reciben unha atención individualizada por parte da titora e profesorado de apoio, dentro da aula ou fora segundo os casos


G) Materiais e recursos didácticos

Ademais dos recursos nomeados na metodoloxía, contamos con recursos de elaboración propia, como son as fichas para o traballo personalizado, as elaboradas para o traballo colectivo, e todos aqueles recursos relacionados coa realizacións dos proxectos (libros especializados, internet, xornais, revistas, documentais, presentacións, persoas que visitan a aula, información recollida nas casas...) tamén contamos coa colaboración na aula de Arte da profesora da ESO Carmen Cuesta.


H) Temas transversais

Os temas transversais trabállanse tanto ao redor de datas conmemorativas a través das actividades complementarias, como están presentes na actividade diaria da aula e do patio. Estes temas son: Educación para a Igualdade; Educación medioambiental; Educación afectivo- sexual; Educación para a Paz e a Resolución dos Conflictos e Educación Vial.


I) Actividades complementarias e extraescolares previstas

1º trimestre:
Participación na festa do Samaín e no Magosto. Participación nas festas do Iverno-Nadal. A saida extraescolar será a correspondente coa que oferte o Concello na Casa da Cultura.

2º trimestre:
Participación nos actos organizados no centro co motivo do Día da Paz. Participación na festa do Antroido. Saída extraescolar para visitar a Area recreativa de Pedroso.

3ª trimestre:
Participación nos actos organizados no Dia das Letras Galegas. Participación na festa dos Maios. Visita ao museo Fundación Caixa Galicia de Ferrol.

A final do trimestre organizaremos unha festa de convivencia familiar no centro, com comida e piscinas, ademais dos xogos que oferte a ANPA.

Durante o curso participaremos nas actividades que se nos propoñan desde a Casa da Cultura do Concello de Valdoviño.


K) Medidas de atención á diversidade

As propostas didácticas realizadas nas aulas son as mesmas para todo o alumnado independentemente das súas características, menos no caso dun alumno que conta com Adaptación Curricular. O que varía en cada caso é o resultado da producción e o apoio individualizado na realización da mesma. Tamén contamos nas aulas coa profesora de apoio e coa especialista de Pedagoxía Terapéutica e a especialista en Audición e Linguaxe. Contamos tamén coa presencia dunha cuidadora a tempo parcial na aula de 6ºB de Educación Infantil.
____________________

Nenhum comentário: